Tractores que matan


Os accidentes de tractor producen preto dunha vintena de mortos cada ano no noso territorio. Sería posible citar as causas: o terreo desigual de Galicia, os descoidos, a falta de adaptabilidade das máquinas ao medio, as deficientes homologacións, o parque antigo, a pouca formación... mais prefiro falar das historias. As historias que se agochan detrás das cifras aritméticas.

A maior parte da xente que morre nun accidente de tractor excede os 65 anos. Con isto, non pretendo dicir que este sexa un baremo para excluír estas persoas do manexo das máquinas, pero, como comprenderán, as capacidades psicofísicas a esa idade están diminuídas. Outro grupo vulnerable, e que está en risco, son os menores de dezaseis anos, aínda que sexan un colectivo moitas veces minorizado nas estatísticas. Sorprenderíalles saber cantos menores utilizan o tractor carecendo de licenza de vehículo agrícola. O agro está quedando sen xente e estes apenas nenos intentan axudar e axilizar as tarefas dos avós. Avós que quizais xa non usan o tractor como unha máquina, senón como medio de transporte para desprazarse nun rural cada vez máis disgregado, incomunicado e deslocalizado. O inexistente relevo xeracional e a falta de servizos perpetúa este feito. Podería continuar coa lexislación, unha lei de estruturas antienvorco vella, sen retroactividade a partir dos anos 80, resaltando pois que os tractores anteriores non teñen obriga de levar arco ou cabina.

Continuaría citando feixes de parámetros máis, pero eu non son prevencionista. Só conto as realidades que vexo, por moi lúgubres e decadentes que semellen. Os tractores naceron para aforraren esforzos físicos, rexenerar o mundo en tempos de fame. Non para segar vidas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
4 votos
Tags
Comentarios

Tractores que matan