O reto demográfico: envellecemento e desenvolvemento local

Rosa Mª Sánchez TÉCNICA DE DESENV. LOCAL

CARBALLO

01 feb 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

A Costa da Morte vai quedando valeira. Europa tamén. Asóciase a factores coma o envellecemento da poboación, a diminución do número de persoas mozas e unha menor tasa de natalidade.

Non é casualidade que exista un Comisionado do Goberno para este asunto, que as comunidades da «España vacía» cuestionen os repartos de fondos ou que o Comité das Rexións da UE redacte un dictame sobre o reto demográfico.

Un primeiro grupo de desafíos asóciase a esta nova pirámide de idade. Hai que garantir o acceso aos servizos que se derivan dos dereitos fundamentais da poboación envellecida.

Un frente de traballo é mantelas na vida activa, saudable e productiva, poñendo a disposición destas persoas as ferramentas oportunas. Xurde así a «economía de plata».

Outro grupo vai asociado a políticas verticais e horizontais que permitan o asentamento da poboación, a través do desenvolvemento local e humano, creando empregos, infraestruturas, servizos e calidade de vida para quen se asente nas zonas despoboadas.