«Temos que situar ao partido no sitio que lle corresponde»

Os novos aspirantes ás alcaldías | Domingo Antonio Santamaría, concelleiro durante tres mandatos e pequeno empresario, volve «con máis ilusión ca nunca» para liderar a candidatura popular ao Concello de Dumbría


cee / la voz

Condutor de autobús e dono dun taller mecánico, Domingo Antonio Santamaría González, xa foi tres veces concelleiro en Dumbría na época na que o Partido Popular obtivo os seus mellores resultados. Agora, con 58 anos -«un rapaz novo» como ironiza el- volve a liderar o PP de caras ás vindeiras municipais.

-¿Como asume este reto tan complicado?

-Claro que é complicado tal como estivo a cousa, pero non se trata dunha decisión que estea tomada ao tolo. A xente seguiu vindo por aquí cando tiña un problema e eu atendía coma sempre. Axudábaa no que podía ou dicíalle con quen tiñan que falar, porque a xente vai a onde ten confianza ou onde pensa que lle poden resolver mellor. Por iso que xa hai tempo que me insistían para que volvese, porque quere un pouco de tranquilidade. Deixei un partido bastante ben estruturado e agora parece que no PP somos catro sectores, cada un colleu por un lado, así que penso que a clave está en que nos volvamos a unir todos.

-¿Hai esa capacidade, como se ve nos resultados das xerais e das autonómicas?

-O PP en Dumbría gañou case sempre e nós mesmo estivemos a punto de ter tres concelleiros, con case 600 votos, o que pasa é que non os acadábamos polo reparto xa que nos presentabamos tres ou incluso catro partidos. Eu estou agora coa xestora, que aínda me pasaron os datos o outro día e mireinos por enriba no correo electrónico, aínda non os imprimín e temos case 200 afiliados. Así que non é que vaiamos chegar á alcaldía así de repente, pero temos que volver a situar ao partido no sitio que lle corresponde. Eu acórdome que cando entrei -aínda era portavoz Jesús Abuelo del Río, que xa choveu-, que xa levaba tres anos de presidente do comité, de que funcionabamos perfectamente. Despois nestes últimos tempos era pasar as eleccións e a xente sentíase desamparada. Por iso agora, que estou coa xestora, que xa fixen a lista para mandar, moitos dinche se isto vai en serio ou se vai ser para catro anos e volver ao mesmo conto.

-¿Que precisa Dumbría?

-Non quero entrar aínda niso. Queremos que iso no lo diga a xente. Imos facer unha presentación en Dumbría, mandarlle unha carta a todos os afiliados e escoitar o que a xente demanda, o que realmente precisa.

-¿Cal é a principal problemática da Costa da Morte?

-Aquí morre xente, non nace. Eu levo os rapaces no autobús ao colexio e imos con 11 das parroquias. Non é algo de Dumbría, é xeral porque vas un domingo pola tarde ao centro comercial de Cee e non vés unha alma e nos bares hai catro persoas. Se houbese emprego a xente non marchaba, pero xa vés como está todo, agora incluso con Ferroatlántica, que eu traballeille moito tempo de auxiliar e toda esa xente, xa non os traballadores directos, está indo á rúa.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Temos que situar ao partido no sitio que lle corresponde»