A Fundación Pondal segue festexando os seus dez anos cunha excursión a Ourense

La Voz

CARBALLO

CEDIDA

Hoxe será o último día de actos polo primeiro decenio de vida da fundación

14 dic 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Unha Cova Céltica no Couto abriu o mércores o programa de actos para conmemorar o décimo aniversario da Fundación Eduardo Pondal, e na xornada de onte os festexos desenvolvéronse en Ourense, ata onde se desprazou un grupo de 60 persoas para participar dunha excursión ao CIS-Madeira e dunha visita guiada pola cidade.

No centro de innovación, ademais de abraiarse co propio edificio, recuberto en madeira, coñeceron o laboratorio no que investigan con materia orgánica, visitaron a zona experimental situada no exterior e deixáronse guiar por tres traballadores do CIS-Madeira, que explicaron, por grupos, o funcionamento e traballo do centro.

Posteriormente participaron nunha visita guiada pola cidade de Ourense, onde a catedral, e en especial o seu baldaquino, causaron furor entre os asistentes.

Hoxe, venres, será a última xornada de aniversario, con obradoiros e unha cata de viños galegos.