O fillo de Vilar de Francos


Contáronme o outro día a historia dun carballo de Ramil, en Rus, que xa pasa dos cen anos, e que está de par, ou por detrás (según se mire) da capela de Santa Eufemia. O bonito do asunto é que ese carballo é fillo lexítimo do de Vilar de Francos, que xa sabemos que se trata dun dos máis importantes de Galicia. Contan alí que sempre se lle escoitou ao que o plantou que trouxera un gallo do de Artes, e xa pasaron máis de cen anos. Se cadra aínda ten máis irmáns por aí, pero polo menos deste a documentación de tradición oral, e relativamente recente, é moi precisa.

¿Habería que facerlle unha proba xenética, como cando aparecen fillos por aí? Non o creo. Eu esperaría máis ben a que lle saíse algún burato para tirarlle croios pequenos e encestar. E facelo a medias coa parella, coa intención de casar. ¡Se hai voda axiña, o fillo saíulle ao pai! Con moito máis mérito, porque daquela casar é un acto case rutinario, e hoxe parece unha heroicidade. Veremos se o pequeno pode co grande nas lendas. Se lle gana na idade xa non o veremos nunca, porque deberán pasar máis de 400 anos para bater a marca. E de aquí ao 2400 e pico dáme que xa non estaremos nin de volta. A ver se polo menos a tradición da pertenza ao outro carballo máxico, fértil, resistente e lendario se vai mantendo como pasou ata agora. Incluído o respecto polas árbores, pola súa fonda relación con nós, desas de toda a vida. Creo que xa se volve a recuperar, tras anos de desprezo ou indiferenza.

¿E o vello? Pois, ou moito me engano ou non superará este inverno. Todo depende de que lle veña de lado unha racha de vento forte. E renderase.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
6 votos
Comentarios

O fillo de Vilar de Francos