Xograr de Outono no corazón do teatro

La Voz

CARBALLO

BASILIO BELLO

O dramaturgo Manuel Lourenzo recibiu o recoñecemento da man do Conselleiro de Cultura e de Mónica Camaño, xograr 2017

22 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Manuel Lourenzo, «un dos referentes do teatro en Galicia», xa é Xograr de Outono. Recibiu o recoñecemento onte na previa do espectáculo de Contraproducións, Commedia, e xa pasa a formar parte dunha comunidade formada por 16 xograres. Entregoulle o galardón o conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, que tamén asistiu á representación. Lembrouse Lourenzo do carballés Xoán Manuel López Eirís, con quen ía ao teatro a Londres para ver obras de Shakespeare. Cualificou de luxo o FIOT, que para el significa moito para o teatro galego. Monica Camaño foi quen introduciu ao premiado, do que dixo que foi o seu primeiro mestre e tamén o de moitos outros actores e actrices. Camaño fixo, así mesmo, referencia a unha das frases preferidas do Lourenzo: «Hai que facer teatro contra todo». E deulle a benvida ao selecto grupo de elixidos, do que ela tamén forma parte e que contribúe a facer máis grande «o corazón do teatro de Galicia».