Unha obra en idioma xove e feminino

Unha historia por e sobre o feminismo que convida ao debate. Ritmos excelentes, versátil escenografía e boa interpretación


Marta Buchaca é unha dramaturga catalá, licenciada en Humanidades, cunha chea de premios no seu haber. Esta peza fíxoa a petición dos directores, José Luís Arellano e Andoni Larrabeiti. E, para facela, foise a Madrid a coñecer e debater coas intérpretes que lles pedían puxera nos personaxes cousas que lles apetecía representar; como se fose unha carta dos Reis Magos. E logo de moitas improvisacións iniciais, resultou Playoff.

En principio foi representada nunha morea de institutos do entorno de Madrid. Moi ben recibida pola mocidade, segundo contan. E levou o premio Ojo Crítico de Radio Nacional de España, polas súas enérxicas montaxes, en col dos adolescentes. Unha traxicomedia de corte feminista moi actual, que, coa desculpa do fútbol (deporte escollido non inocentemente), vanse degraendo un montón de tópicos sobre as mulleres e os comportamentos e normas tácitas, nunha sociedade occidental.

Este é o tipo de representación teatral que, seguramente, esperta maiores desencontros e desacordos, no que atinxe ó tema. E ben seguro que máis de un non vai concordar coas miñas opinións, aquí vertidas. Cada personaxe é un perfil característico dalgún tipo de muller, das que poderiamos atopar, decote, no noso arredor. Seguramente o/a espectador/a vaise ver reflectido/a nalgún deles, e nalgunhas situacións, que tamén son en algún caso, figuras definidas, debuxadas ou desexadas polas propias actrices, como dixen antes.

E así como no teatro clásico, as difíciles relacións de parella, con profundos acentos de traxedia, e no Século de Ouro español, a honra, constituían o tema favorito das pezas de teatro, por poñer dous exemplos, no actualísimo teatro contemporáneo colle cada vez máis pulo, as contradicións e controvertidas normas dunha sociedade que fai diferenzas entre os xéneros, especialmente lacerantes e inxustas coas mulleres. A pretensión desta peza é reflectir o valor de todo o que pasa nas, e coas mulleres.

Toda a historia transcorre nos vestiarios do campo de fútbol, onde ten lugar un partido de fútbol feminino, transcendental. En realidade o partido é o de menos: é o pretexto para poñer en evidencia os problemas que as nosas futbolistas, como mulleres, teñen nesta sociedade. E así amósanse varias figuras femininas; como a muller con fillos que quere xogar ó fútbo, malia o que diga a súa sogra ou home; a muller que é seropositiva; a que non acompaña á súa nai hospitalizada, a pesares do enorme amor que lle profire; a de outra orientación sexual...

Fagamos unha pequena análise técnica: a posta en escena, moi versátil; moi ben iluminada e o son, na súa medida: só cando se precisa. Pareceume moi ben que cando xogan ó fútbol, nos ceguen cos focos, para que non entremos a valorar o fútbol que fan. Pareceume moi ben que mentres ten lugar un só dunha delas, as demais non paran, mais continúan con movementos máis lentos; e noutro intre, o coro das demais, semellan berrar mudas e a cámara lenta. Fermoso recurso.

Hai unha deconstrución da peza, e coas partes, construímos o todo.

Diálogos frescos, e totalmente cribles. En idioma xove. Xove e feminino. A entoación non pode ser máis natural. Sen sobre actuacións, pero con sobresaltos. A atención está sempre pendente. Estas mozas engánchannos, por unha cousa ou pola outra.

Estou pasmado co manexo do ritmo; dos tempos e dos silencios. Coa intensidade das expresións, cando cómpre, e coas longas pausas se están xustificadas. Encántame a súa interpretación. De feito estou sorprendido de que xente tan nova acade estes rexistros. Como nun partido radiado dos de antes, resulta fantástico como son quen de transmitirnos as emocións do evento deportivo, sen necesidade de ver nada. Non é de estrañar, pois, que este traballo levara o premio. Moi merecido.

En toda a obra latexa seguido un notable pouso feminista. Ademais dos conflitos e enfrontamentos entre elas xorde, tamén, un debate feminino, entre femininas. Respectándose tódalas normas que esixe o teatro construíuse unha obra con toda a dinámica e problemática do mundo xuvenil feminino. Os claros e as sombras: «Estaba cansada de que me chamaran...». «Ós home dálles vergonza ter que adestrar a mulleres». «As mulleres renderíanse antes». «Se foses un home, non sacrificarías todo por amor». Así con estas frases, e moitas máis, xorden os temas: «Pablo é un machista». «O seu lugar está xunto as nenas». O debate está servido. Toca reflectir.

O afán de superación, está moi presente, tanto no deportivo, como no laboral, de muller, de filla, de parella... Uf: sentimentos, sentimentos, sentimentos...

Unha xenialidade. Iso foi o que me pareceu a min, esta interesante e desenvolvida traxicomedia.

A caixa da fantasía, que é o salón de actos do Pazo da Cultura, levounos polo aire nesta peza.

Saímos do Pazo. Chove miúdo e vai fresco, mentres camiñamos paseniño cara os nosos sitios. Aínda nos arrodea a maxia e o encanto do teatro. ¿Que pasará mañá?

La Rúa dos Contos deja paso a las sesiones de microteatro

David Amor protagonizó la noche del viernes la penúltima sesión de la Rúa dos Contos, ante un abarrotado salón en el Mercado Municipal. Mientras tanto, dieron comienzo en peculiares puntos del casco urbano las representaciones aspirantes al certamen de Microteatro metro cadrado. Las dos primeras se hicieron en la panadería Ana Mesejo (A Brea) y en la empresa Cereales Porteiro SL.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Unha obra en idioma xove e feminino