«A lesión de Agulló é o hándicap que arrastramos. Era un xogador importante»

La Voz

OPA RACING

05 oct 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Postos a valorar o inicio de tempada, non hai pensamentos máis importantes que os do míster, que puxo sobre a mesa tanto as fortalezas como os fallos.

-¿Que conclusión saca da actuación do equipo?

-O equipo está un pouco irregular no transcurso dos partidos, pero cando está enchufado ó 100 % fai moito dano. Gustaríame ter máis constancia e ser máis rápidos, pero todo chegará.

-¿Tanto o empate contra o Laracha como a vitoria contra o Compos foron inesperados?

-Nós saímos coa idea de lograr os tres puntos. Creo que o Laracha fixo un bo plantexamento, aínda que nos últimos 20 minutos puidemos levarnos o partido. E en San Lázaro, o Compos levou o peso, pero nós estivemos moi acertados de cara a gol aproveitando as ocasións e soubemos sufrir nos momentos difíciles.

-Respecto ó resto de cadros do grupo, ¿levou algunha sorpresa?

-É sorprendente que o Ourense, que o ano pasado fixo unha moi boa competición, estea tan abaixo. E tamén esperaba que o Racing de Ferrol estivese xa no primeiro ou no segundo posto.

-¿Que foi o que menos lle gustou dalgún partido?

-A lesión de Agulló, que é o hándicap que arrastramos e o noso punto negro nestes momentos. Estamos intentando suplir a baixa, pero hai cousas e matices no xogo que imos ter que cambiar porque Pablo era un xogador importante e cun potencial dentro do equipo moi grande.