«Se houbera que paghare ía ser todo mellor: así ó noso patrimonio daríamoslle máis valor»
CARBALLO
A REGUEIFA SEMANAL | Nova entrega da análise da actualidade máis retranqueira desta semana
09 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Pois bos días aos lectores
a ver se non fago estragos
se non vou ter que ir andando
a Caión cara Os Milagros
Non hai queixa cos devotos
nesa etapa un pouco dura
está o santuario cheo
e moi contentiño o cura
O mesmo pasa en Muxía
encheron ata a bandera
está cheo de peregrinos
que van abalar a pedra
A pedra xa non abala
só está para ir vela
que con tanto meneíto
logo volven rompela
E agora que o penso
non se trata de rompela
tiñan que cobrar un euro
para o que queira ir vela
Se houbera que paghare
ía ser todo mellor
así ó noso patrimonio
daríamoslle máis valor
E hoxe parece outono
está o día amorriñado
estase achegando o FIOT
e o cartel xa publicado
Sae unha moza con wifi
co nariz facendo o conto
se mo puxeran a min
ían ter wifi abondo
A wifi non se precisa
pa facer a foliada
que este sábado no Bosque
houbo boa trangallada
Ha de ser bonita a festa
iso xa por descontado
se non a veñen jodere
que os terreos son privados
O tema é protestar
que iso sempre vai por diante
nós fomos á foliada
aínda que haxa repunantes
E xa vou ir acabando
que non quero dar a lata
para semana hei voltar
coa Festa da Pataca