«Hoxe é distinto, pero acordo xente de xeonllos dende a entrada ata a Barca»

Juan Ventura Lado Alvela
J. V. Lado CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

O organizador da romaría, Ramón Pérez Barrientos, confía en manter as cotas de civismo que logrou a romaría o ano pasado

04 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Ramón Pérez Barrientos (Muxía, 1961), dende a asociación de voluntarios de Protección Civil está metido practicamente en todo o que se move a nivel comunitario en Muxía e especialmente na organización das festas de Nosa Señora da Virxe da Barca, ás que leva ligado, de maneira máis ou menos intensa dependendo dos anos máis de media vida.

?¿Que recordos infantís garda da festa e queda hoxe diso?

?Hai moitas cousas que non cambiaron tanto, como por exemplo a cantidade de xente que vén andando, que segue vindo e quizais cada vez máis. Hoxe é distinto, pero eu teño o acordo, como ten todo o mundo de xente que chegaba andando, pero facía de xeonllos o percorrido dende a entrada do pobo ata o santuario. Agora iso igual o vés máis de noite, un pouco como a escondidas, xente dando voltas de xeonllos ao redor da Barca. Pero xa che digo, acórdome sobre todo de señoras maiores, cuns coxíns nos xeonllos e da man doutra persoa, ir dende a zona da Cruz. Despois, hai tradicións coma a dos cabezudos que a mantemos e a Barca segue sendo un cousa parecida. Parece que o tema máis relixioso, o máis arraigado dá un pouco de pudor, mentres o que vir camiñan se multiplica. Pero creo que é algo que ten que ver coa evolución da sociedade, porque tal como se facía aquí tamén se facía noutros sitios e pasa o mesmo.

?¿Despois de tantos anos a organización xa será seguir rutina?

?A ver, si. Un guión máis ou menos xa o tés e valo seguindo. Por exemplo agora estamos adiantando cousas que se poden ir adiantando, porque no mesmo día sempre vas ter imprevistos: que se un cable aquí, unha valla acolá... Despois xoves e venres o que más traballo dá e meter toda a bochinchada, cos metros que lle corresponde e demais. O resto está máis ou menos previsto coma sempre. O que si, este ano os aparcamentos da entrada, na zona do Vilar, van ser todos gratuítos, aínda que despois tamén hai algún privado que ten a súa xente de toda a vida. Con iso é co sentido único, de entrar por un lado e saír polo outro, agora o dos coches está máis ou menos solucionado e xa non tés aqueles atascos e aquelas esperas que había fai anos. Queiras que non, iso é importante.

?¿Que espera respecto dos desfases asociados ao botellón? ¿Parece que deron un paso atrás nos últimos dous-tres anos?

?Hai dous anos notouse e este ano pasado notouse moito máis. Penso que a xente tamén se vai concienciando. As tabernas e todo iso de aquí tamén teñen uns prezos máis razoables. Como di o outro, toca madeira. Esperemos que se mellore aínda un pouco máis que o ano pasado, que quedamos moi contentos. Agardo que, como mínimo sexa igual e a ver se se pode mellorar algo.

?Tamén hai que apostar por iso, porque é un cuestión social que transcende a Muxía.

?Si, claro. Vamos a ver, o a ano pasado a Barca foi das festas nas que menos botellón se viu, mentres que outras, polo que me chegou, tiveron máis que nunca. Por iso que non é algo que afecte só aquí e no que hai que ir concienciando. Por exemplo: aos mozos da acampada o venres dámoslles uns sacos dos que empregamos nós para que, polo menos, non se vexa tanto lixo. É un cousa de ir pondo unha semente, porque haberá quen che faga caso e quen non, pero se este ano poñen 20 bolsas no contedor para o que vén igual poñen 40. Sempre un lle vai chamando a atención ao outro: «¡Oes, non tires aí!». Xa o ano pasado tivemos que sacar moito menos lixo e foi moito máis doado. Non é só criticar, senón darlle tamén un pouco de menos.

?¿Como enfocaron o programa?

?A Barca pide o que pide. Apostamos estes anos por grandes orquestras, porque a xente parece que para a romaría do que ten gana é de orquestras. Agora ben, tamén temos un programa moi bo de música pola rúa, de bandas e de charangas. Por iso o sábado de día vai ser unha sesión continua de día, da tipa romaría como a que existía antes.