«Ten gran envergadura... para que me caian uns paus, a regueifa é caralluda»

Lupe Blanco CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MATALOBOS

Nova entrega da regueifa semanal de Lupe Blanco: a análise máis retranqueira da actualidade

02 sep 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Aquí estamos outro día

agora que eu me lembro

acabouse o mes de agosto

benvido o mes de setembro

Vanse acabando as festas

que o teño que dicir

para algúns que troulearon

é mellor deixalas ir

Xa nos vai quedando pouco

deixaremos para o ano

inda han botar en falta

ó Combo Dominicano

Hai que volver ó traballo

que non gusto moito deso

pero non che hai remedio

se quero ganar un peso

Non vaiamos amargarnos

nin perder a ilusión

pero acábase o verán

e entramos en depresión

Polo menos ter saúde

que esa é a mellor cousa

pasaremos por Carballo

ás festas da Milagrosa

Rezaremos un pouquiño

diso non hai que ter duda

que están contentos por Oza

seica lles apareceu Cuca

Cuca é un poni fino

que para casa ía tarde

quixo ir dar unha volta

e foi ó Monte do Carme

Non vou descubrir agora

nena neso non te metas

se non poden preguntarlle

a un tal Roberto Bodegas

E que agora que o penso

que ten gran envergadura

para que me caian uns paus

a regueifa é caralluda

Pero hai que defendelo

cantando moito mellor

pensemos que esta vida

é bonita con humor

Xa vou dar a despedida

apoiando a ese rapás

que este mundo de tolos

parece que vai para atrás.