«Se non veñen subvencións, o traballo que non falte»

Lupe Blanco

CARBALLO

MATALOBOS

Nova entrega da regueifa semanal de Lupe Blanco: una análise retranqueira da actualidade destes días

05 ago 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Aquí veño a cantare

como fago cada día

parece que hai problemas

no gremio da hostalería

Comentan os empresarios

que para facer as labores

andan algo preocupados

por non ter traballadores

Disque a xente non aguanta

que non son profesionales

tamén había que vere

se os contratos son normales

Porque non todo é bonito

que hai moita trapallada

vas traballar quince horas,

pero a media xornada

Algún leva co anuncio

que precisa persoal

xa lle pasaron tres meses

pero algo debe de ir mal

Un sueldo como Dios manda

e convenio nas xornadas

que xente traballadora

ten que haber a patadas

E claro que baixa o paro

sobre todo no verán

por bares e restaurantes

que é cando máis carto fan

Iso xa non é de novo

a noticia vén de vello

tamén baixa en Coristanco

esa conta do Concello

Porque quedei abraiada

co que eu teño sentido

disque un millón e medio

xa o damos por perdido

Destaca non o roubou ninguén

xa o aviso no momento

é que foron algo parvos

e non o pediron a tempo

Non precisamos axudas

co que se ve atalora

o único que viña ben

é que os botaran fóra

Ata a semana señores

perdonade este cante,

se non veñen subvencións

o traballo que non falte.