Nova entrega desta retranqueira análise da actualidade na comarca. Escribe Lupe Blanco
15 jul 2018 . Actualizado a las 05:00 h.Pois que atenda todo o mundo
a regueifa que vos traio
que o Combo Dominicano
anduvo enchendo Baio
O grupo está preparado
o misterio non se entende
para encher todas as prazas
débenlle pagar á xente
Polo menos se lles paga
cada un sabe o que fai
contarán os asistentes
e saberán cantos hai
Que aprenda o noso alcalde
agora todo me encaixa
para saber dos funcionarios
que ten na casa de baixa
Que non sabe o dato exacto
xa o dixo aboféOs que saben ben o dato
son os pais de cada un
que aló en Coristanco
pediatra non hai ningún
E quitáronlle o servicio
xa o digo de primeiro
póñenlle trabas abondo
como fan os percebeiros
Que a Xunta moito fala
o tema é comentado
disque para chegar ás rochas
van ter que ir a nado
Nos despachos logo escriben
algún creo que nin dorme
que veñan dar unha volta
este sábado por Corme
Hanlles de botar o dente
logo lle van explicar
que para coller o marisco
non é como ir sachar
Xa lles digo ós da Xunta
que aquí non todo vale
que veñan á festa a Corme
e o percebe que o paguen
Un saúdo agarimoso
que hoxe é día de sorte
mándovos un forte abrazo
a toda a Costa da Morte