Maseda: «Non se pode pedir máis para un fin de festa»

Concluyó la Semana Cultural del instituto Maximino Romero de Lema de Baio


CARBALLO / LA VOZ

Camiño de Euskadi con alumnos para un encontro de regueifa, Manuel Maseda, director do instituto Maximino Romero de Baio, dicía onte que non se podía pedir máis para un fin de festa. Rematou a Semana Cultural deste centro e fíxoo cunha nova sesión de Arduíno, con aprendizaxe de RCP co 061 («alumnos impactados») e máis tamén cunha experiencia inicial, un obradoiro de novas masculinidades con José Expósito. Eles, con José. Elas, con Rosalía Fernández Rial, que lles presentou a obra «Bonus track» da que as rapazas fixeran performances poéticas activas. Traballouse o xénero dende unha óptica feminista. O concerto de Habelas Hainas e máis o coloquio previo con Luz Fandiño non resultou indiferente: «Unha persoa de 86 anos que hipnotiza aos alumnos falándolles de liberdade de expresión, de actualidade, de sentimentos a través da poesía...». Dixo Luz que Habelas Hainas son para ela as súas netas adoptivas. Tres días intensos, pois, que terán continuidade coas funcións de hoxe e mañá no País Vasco. Van tamén centros de Burela e de Vila de Cruces.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

Maseda: «Non se pode pedir máis para un fin de festa»