«Pódese e hai que mellorar en coidar o medio ambiente»

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

José Manuel Casal

O cómico e guionista carballés Rober Bodegas ten unha personaxe chamada «O ecoloxista»

07 may 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

Esta pasada semana foi invitado a participar en Ecovoz o cómico, actor e guionista carballés Rober Bodegas. A súa relación co medio ambiente traspasa tamén ao terreo profesional. Así, falou en Ecovoz dunha personaxe, o Ecoloxista, que aparece nun dos vídeos que se pode ver na canle de Youtube que comparte con Alberto Casado, Pantomima Full. Bodegas, medio en broma, non se mostraba moi optimista: «Creo que a única esperanza é que nos extingamos como especie porque desde que chegamos aquí estamos fastidiándoo todo». «Pódese e hai que mellorar en coidar o medio ambiente, pero temos un sistema montado moi difícil, porque máis alá de que cada un se preocupe por reciclar e coidar o planeta, xa só coas empresas... Creo que a ferida xa é grave, de feito eu creo que é máis fácil que mutemos e que poidamos respirar monóxido de carbono antes de que se cure o planeta», ri o carballés.