Valladolid acollerá en maio o encontro Circular Weekend

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Terá lugar os días 4 e 5 de maio e dentro da súa programación inclúense relatorios e talleres sobre economía circular

30 abr 2018 . Actualizado a las 05:00 h.

O Circular Weekend é un «encontro con proxección nacional no que a economía circular se configura como epicentro de aprendizaxe e lanzamento de ideas e proxectos de interese neste campo». Así define este evento, a través da súa páxina web, a Sociedade Galega do Medio Ambiente (Sogama). O encontro terá lugar en Valladolid os días 4 e 5 de maio e dentro da súa programación inclúense relatorios e talleres. Ademais todos os interesados contarán con asesoramento por parte de expertos en materia, o que fomentará o emprendemento neste campo.