Os rapaces de La Merced pasan á seguinte fase

La Voz

CARBALLO

DANIEL R. PORTELA

Superaron o Ecopreguntoiro

05 feb 2018 . Actualizado a las 14:04 h.

O venres acendéronse os focos do Ecopreguntoiro. Os encargados de inaugurar o concurso foron os rapaces dos colexios La Merced, en Sarria e os do Condesa de Fenosa, en O Barco. Pola banda luguesa participaron Candela Arias, Álex de la Fuente, Andrea Mourelo, Andrea Saá e Antía Fernández. Pola parte ourensana: Saúl García, Nair Garrido, Izan Rodríguez, Usía Trincado e Alberto Calvo. Os alumnos de La Merced conseguiron a primeira vitoria desta edición do Ecopreguntoiro, e son polo tanto os que pasan á segunda fase. Este venres habrá máis concurso e máis Ecovoz.

Sogama dá a coñecer Sharecity a través da páxina web 

A Sociedade Galega do Medio Ambiente presenta, a través da súa páxina web, o Sharecity, unha ferramenta que, empregando as TIC, clasificou diferentes iniciativas e accións procedentes de 43 países destinadas a compartir excedentes procedentes da alimentación. Tras esta clasificación, concluíuse que estas accións «non só tiñan lugar en urbes intelixentes, senón tamén naquelas con grandes limitacións», pódese ler na web de Sogama. Este proxecto executarase ata o ano 2020 dentro do marco europeo.