A José Walter Pena Mañana


Tremenda congoxa causou entre a emigración de Bergantiños no Río da Prata a inesperada morte dun dos fillos predilectos da nosa terra. Á idade de 85 anos finou o señor José Walter Pena Mañana, un do máis destacados dirixectes da colectividade galega no Río da Prata. Walter Pena nacera en Morás (Arteixo) no seo dunha humilde familia de xornaleiros o 3 de setembro de 1932. Con tan só 19 anos, e no medio da sangría de emigración de desflorou Galicia, chegou a Montevideo, dedicándose ao oficio de carpinteiro, un emprego no que puxo tanto empeño que axiña chegou a propietario da carpintería na que traballaba. Aos poucos anos xa era un recoñecido empresario de Montevideo. As súas lembranzas da terra alonxada e a súa dedicación ao axudar aos seus coterráneos lévano a facerse socio de distintas institucións, colectando infinidade de amigos polo seu compromiso sen límites.

Durante corenta anos, Pena integrou os cadros directivos de Montevideo en diferentes comisións, ata ser nomeado presidente, cargo que mantivo durante 18 anos. No 1997 foi nomeado Consejero Representante de la Emigración, e recibiu a Medalla de Honor do Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais, na categoría de ouro, sendo ademais elixido presidente da Unión de Sociedades Galegas. No 86 viaxara a Compostela e fora recibido como hóspede de honra na recepción da Medalla de Galicia que o goberno galego lle concede polos moitos méritos acumulados. Podemos asegurar sen dúbida algunha que a súa vida foi a súa familia, e o club Bergantiños, ao que dedicou máis de 40 anos, enriquecendo en obras, proxectos e reunións que daban presenza e gallardía á nosa comarca en todo o Río da Prata.

Foron infinidade de notas de condolencia e dor as manifestadas por centos de amigos que choran hoxe a perda dun home tremendamente católico e que xamais soubo dicir non a quen lle pedía axuda ou un consello. Unha destas notas necrolóxicas foi remitida a Montevideo polo secretario xeral de Emigración, Antonio Rodríguez Miranda. «Seguirás presente a través de aquello que construiste con tu trabajo altruista, causando en la emigración una ausencia insustituible...»...

Pola nosa parte chorámolo como a un bergantiñán emprendedor, xeneroso e cun corazón tan grande que non foi capaz de resistir a parca insaciable.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
3 votos
Comentarios

A José Walter Pena Mañana