«Tocar nun sitio tan fermoso é un baño de natureza»


Carballo / La Voz

O vigués César Freiría, Cé Orquestra Pantasma, é xa bo coñecedor do Castro Animado, onde ten actuado e onde volverá estar hoxe, non só co seu espectáculo de home-orquestra (festa absoluta), senón tamén cunha sesión de xogos populares: Miudiño, ás 17.00 horas. Serán intres participativos, unha función moi activa «onde o propio protagonista é o público». En Borneiro ten tocado «arriba e abaixo» e, ao igual que noutras celebracións como poden ser as Festiletras, sorpréndelle a capacidade da organización de «xuntar e mobilizar» xente, con tan destacado lugar para os máis nenos. «Encantado», di César. Por máis que hoxe sexa domingo e que lle toque traballar, asume a xornada como «un día de relax», con merendas en familia: «É un traballo, por suposto, pero tocar nun sitio tan fermoso é diferente, é un baño de natureza», asegura. Gaba a iniciativa do Castro Animado porque ao seu entender amosa como o patrimonio, sempre dunha forma sostible, non só pode estar para ver, senón tamén para darlle vida, para ser incluso unha festa ben entendida. A iso contribuirá el, co seu acordeón e o seu bombo nas costas: conta que se entrega nos espectáculos, que os fai con forza, porque non o entendería doutro xeito. Acaba esgotado, pero tamén moi feliz.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

«Tocar nun sitio tan fermoso é un baño de natureza»