«Aos pequenos impáctalles máis a poesía que a narrativa»

A ilustradora María Lires abriu a segunda semana dos actos promovidos polo Concello e Galaxia


A ilustradora María Lires teno claro: «É cos pequenos onde hai que educar o gusto polo poesía porque é aí cando son máis receptivos; a narrativa é máis lineal, pero a poesía é máis sorprendente e impáctalles máis a esas idades; canto máis pequenos son é cando a creatividade e a imaxinación son máis desbordantes». Así o confirmou onte de novo nos tres obradoiros que impartiu en Borneiro e que serviron para inaugurar a segunda semana do ciclo Dombate Primavera da Poesía.

A autora das ilustracións dunha trintena de títulos invitou aos rapaces, de entre 3 e 7 anos, a debuxar con ela e dar renda solta á súa imaxinación nun lugar que, ademais, invita a facelo. «O entorno é marabilloso», explicou.

Hoxe será a actriz e contacontos Paula Carballeira a encargada de impartir dous novos obradoiros escolares en Dombate.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos
Comentarios

«Aos pequenos impáctalles máis a poesía que a narrativa»