Unha completa visita á «casa da palabra» na que debe sonar a voz da cidadanía

La Voz

CARBALLO

03 mar 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

O encontro dos nenos cos parlamentarios tivo lugar no salón de sesións. Xosé Luis Rivas e Aurelio Centeno fixeron fincapé en que estaban «casa da palabra», expresión que utilizaron ámbolos dous. Mini tamén apuntou que os deputados tratan de trasladar á Cámara as aspiracións da sociedade e que a súa función é facer leis e «aguilloar» ao Goberno para que as cumpra.

Núñez Centeno quixo destacar que hai leis, como a da morte digna, que se aprobaron por unanimidade. Falou de que estaban na «casa de todos». Antón Sánchez sinalou que é interesante que os escolares coñezan o labor dos políticos, mentres de Rodríguez Rumbo destacou que os parlamentarios teñen a «obriga de ser a voz da cidadanía» e resolver os problemas dos cidadáns.

Os rapaces fixeron varias preguntas, algunhas delas de carácter técnico, sobre todo sobre a mecánica da Cámara. Mini acabou desexando que algúns dos alumnos acabe sendo deputado.