Menu La Voz de Galicia Inicia sesión Mi cuenta Lee sin límites todas las noticias Suscríbete Cerrar «Aprendín que a arma máis potente do ser humano é a adaptación ao medio» La Voz MIÑO / LA VOZ CARBALLO Daniel López rodou todo o documental en solitario, xa que di que era moi complexo mover un equipo, e recoñece que o percorrido por China o impresionou 30 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h. Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar · Daniel López rodou todo o documental en solitario, xa que di que era moi complexo mover un equipo, e recoñece que o percorrido por China o impresionou. -¿Houbo lugares que lle sorprenderan? -Por exemplo no Tíbet enfróntaste a unha xente moi espiritual e cando teñen unha enfermidade o que lles queda é rezar, porque pasas da gran tecnoloxía no resto de China e alí parece que entras na Idade Media. Teñen só dous cirurxiáns en todo o Tíbet e aprendemos que a arma máis potente do seu humano, por riba da medicina, é a adaptación ao medio. E esa é unha mensaxe moi importante porque significa que non vas deixar de aprender, por máis que sexas o mellor cirurxián do mundo ou teñas a mellor tecnoloxía sempre tes que seguir investigando. -¿Cal vai ser o percorrido do documental? -A intención principal é que sexa un cine social, gratuíto, estará en Internet para que todo o mundo o poda ver en diferentes idiomas. Queremos que a xente que viva un cancro non se desespere e con este tipo de documental o que se pretende é tranquilizalos porque a medicina avanza. O que estamos facendo é un percorrido moi sinxelo porque a intención é poder compartir coa xente as inquietudes da rodaxe, explicar como foi a gravación, como é a sanidade en China ou como responde o noso corpo a distintas situacións. Queremos facer presentacións mos concellos. -¿Vai a haber un terceiro documental? -Ao comezo desta aventura, con This is Life, quedounos un bo sabor e fixemos o segundo, non podo dicir que haxa continuidade, pero hai posibilidades dun terceiro para pechar o círculo. Archivado en: China Tibet Whatsapp Mail Facebook Twitter Comentar ·