Fernández Rial leva «Sacar a bailar» á Casa de Galicia

La Voz

CARBALLO

. t. b.

A presentación será hoxe ás sete da tarde na Casa de Galicia

12 ene 2017 . Actualizado a las 05:00 h.

Hoxe • 19 horas • Casa de Galicia • Madrid • A escritora carballesa muxiá Rosalía Fernández Rial estará hoxe en Madrid presentando o seu libro Sacar a bailar, un volume no que reúne algúns dos poemas escritos entre os anos 2009 e 2016 e que foi editado por Pigmalión. A autora estará acompañada polo actor e escritor Nancho Novo, con raíces familiares tamén na localidade da Barca; Vicente Araguas, profesor, crítico literario e poeta, e Basilio Rodríguez Cañada, presidente do grupo editorial Sial Pigmalión.