«Sempre me gustaron os animais, sempre foron a miña paixón»

f. r. / s. g.

CARBALLO

A amazona baiesa gañou un premio en Casas Novas

28 oct 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

A baiesa Clara Fernández, de 17 anos, foi a gañaadora do concurso de salto na categoría de 0.8 metros no certame de Casas Novas, co seu cabalo Rafi M. Estuda segundo de Bacharelato e leva cinco anos con este deporte. 

-¿De onde lle vén a afección?

-Sempre me gustou dende pequena, pero pensei que había unha norma que impedía montar ata os 10 anos, e cando os cumprín empecei a insistirlle a miña nai, e xa me levaron.

-¿Onde empezou?

-Nunha hípica de Santa Comba.

-¿Xa con cabalo propio? ¿Como foi o inicio?

-Non, nin antes nin agora, eu non o teño, compito co da hípica.

-¿Quen ten máis responsabilidade, o cabalo ou o xinete?

-Creo que vai máis ou menos por igual, pero un pouco máis sobre a persoa.

-¿Era a primeira vez que participaba nun con concurso, e ademais en Casas Novas?

-Non, xa competín noutros sitios, e nesta hípica, xa estiven o ano pasado.

-¿E que tal lle foi?

-Quedara cuarta, e ademais fíxeno coa mesma egua.

-¿Cantos participantes foron esta vez na proba?

-Sobre 35 ou 36.

-¿Xa estivo fóra de Galicia?

-De momento, non. Para iso, terei que ter o meu propio cabalo, e ese é un tema aparte, é difícil.

-¿Cando lle toca competir de novo?

-En principio, en febreiro, e outra vez en Casas Novas.

-Ten pensado estudar veterinaria.

-Si, téñoo en mente, pero a ver como van as notas. Sempre me gustaron os animais, sempre foron a miña paixón.