«Todo o mundo coñece O Couto»

La Voz

CARBALLO

Facal e Varela, onte.
Facal e Varela, onte. j. m. casal

Rafa Varela e Silva Facal son dúas patas de A Mundiña, ao igual que Álvaro Ameijenda

19 may 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Os Petiscos Musicais que onte tiñan preparado no Couto eran ata unha novidade para Rafa Varela e para Silvia Facal, do restaurante A Mundiña, como el mesmo recoñecía, engadindo que hai outra terceira pata vencellada a Bergantiños: Álvaro Ameijenda, de Neaño. Rafa é de Balarés e Silvia, de Pazos. Foi un formato distinto ese do concerto e dos pinchos posteriores. Ourizo de mar con ensalada, ravioli de salmón, empanada de zamburiñas, un surtido de queixos e outro de postres foron algunhas das súas propostas para os asistentes. A Mundiña está nestes intres de décimo aniversario, como contaba Varela: un momento bo no que mesmo teñen previsto medrar por terras coruñesas. O bo facer de Bieito Romero á gaita e de Paula Rey á voz, piares de Luar na Lubre, foi o preludio da cea posterior. A Mundiña colabora sempre que pode coa Fundación Pondal: «Todo o mundo coñece O Couto», di Rafa. Sexa de onde sexa quen fala, a pequena Aldea extende a súa vida.