O acto de entrega dos premios será o domingo 15 de maio

Os primeiros Bos e Xenerosos se celebraron no 2009


No mes das Letras Galegas chegará tamén o acto de entrega destes Premios Bos e Xenerosos. Será o domingo, 15 de maio, en horario de mañá, na sede da Fundación Eduardo Pondal, na Aldea do Couto. Isabel Blanco, Carlos Núñez e Fina Casalderrey completan unha lista xa moi extensa de Bos e Xenerosos. Os primeiros, no ano 2009, foron Isaac Díaz Pardo, Anisia Miranda e Xosé Neira Vilas, un dos habituais desta festa ao que se botará moito en falta nesta edición. No 2010, os galardóns recaeron en Bernardino Graña, Avelino Pousa e Francisco Fernández del Riego. Xesús Alonso Montero, Antía Cal e Xosé González foron os premiados no 2011, e a eles sumaríanse no 2012 Xosé Pumar Gándara, Uxía Blanco e O Mago Antón. A Fundación outorgoulle este recoñecemento no 2013 a Mercedes Peón, Xosé Vizoso e Víctor Freixanes e, no 2014, a Dolores Vilavedra, Susana Seivane, Felipe Senén e Roi Casal. Tamén foron catro no ano 2015: Ángel Carracedo, Guadi Galego, Margarita Ledo e o ilustrador Siro López.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos
Comentarios

O acto de entrega dos premios será o domingo 15 de maio