O Santa Baia de Boiro pasa a cuartos de final

Enfrontouse no concurso «Ecopreguntoiro» a La Merced de Lugo


Os oíntes de Radio Voz escoitaron este pasado venres o Ecopreguntoiro entre os rapaces dos colexios Santa Baia de Boiro e La Merced de Lugo. Os participantes do colexio Santa Baia foron Adolfo Rodríguez, Sandra Torrado, Sergio Vázquez, Rita Sánchez e Thiago Viturro. En fronte estaban Iago Arias, Pablo Cao, Fabio Vilaro, Miguel López e Iago Simón. Finalmente, foron os rapaces de Boiro os que conseguiron a vitoria cun 7 a 5, pasando así aos cuartos de final. Este vindeiro venres, por mor da Semana Santa, non haberá Ecovoz. foto carmela queijeiro

Votación
1 votos
Comentarios

O Santa Baia de Boiro pasa a cuartos de final