Motivos polos que loitar

Laura Senande Corzón BUZÓN DEL LECTOR

CARBALLO

09 mar 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Por que non haxa xoguetes  sexistas, nin cores, nin deportes, nin roupa, nin xogos. Porque non exista o termo marimacho nin mariquita. Por que non haxa cousas de nenas e que os nenos tamén poidan chorar. Por que nos baños dos homes tamén existan cambiadores de cueiros. Pola educación na autoestima e no respecto. Pola educación como seres humanos e non por sexos. Por non ensinar ás mulleres a non provocar, senón aos homes a non violar. Por ensinar a todas as mulleres que son fortes, intelixentes e válidas, e non unha flor delicada digna de mirar.

Por episiotomia por necesidade e non por comodidade do profesional. Por un parto natural e digno. Por poder elixir. Por dereito ao aborto libre e gratuíto. Por axudas á maternidade. Por non dar a píldora anticonceptiva como solución a todo. Por unha baixa de maternidade maior. Por unha real conciliación familiar e laboral. Por poder dar o peito en público como algo natural. Por igual soldo e condicións laborais. 

Polo uso da imaxe da muller como obxecto. Polo reggaeton e a súas letras misóxinas. Polos programas que degradan a muller e ao ser humano. Por que nunca exista os descualificativos zorra ou puta por ningún motivo... por que con quen se deita ou non una muller é cousa dela e nada máis. Por que non existan princesas esperando a ser rescatadas por un príncipe. Por que haxa máis heroínas, e non con iso, máis catwomans. Por non buscar a media laranxa, senón saber que somos a laranxa enteira. 

Pola prostitución legal. Pola liberdade de vestirse como se queira, e de ser consciente de que o acto de espirse non libera a muller, senón o feito de poder facelo ou non. Por todas as cadeas estéticas. Por poder ser igual de muller sen maquillaxe, despeiteada e sen depilar, que facendo todo o oposto.

Por aquelas incompetentes que renuncian a baixas maternais de forma voluntaria e ante medidas contra o maltrato aconsellan ás mulleres «chicas, no dejéis que vuestro novio os mire el móvil». Esas inútiles que só vén o maltrato cando un home levanta a man, que abran os ollos e vexan todas as caras do maltrato sutil; ademais do físico e mental, o social. A todas as mulleres que facedes un fraco favor á igualdade, abride os ollos e mirade cantas pedras estades tirando ao voso propio tellado.

Por ti, por min,  e por todos os que están por chegar, que ninguén lle diga nunca, que non son iguais. Feliz Día da Muller! Aínda queda moito polo que loitar.