Ponteceso homenaxou a Pondal en A Coruña

Conmemorou o 99 aniversario do bardo bergantiñán


A música e a poesía de Ponteceso soaron este mediodía   nos xardíns de Mendez Núñez da  cidade   da Coruña para lembrar ao poeta Eduardo Pondal no 99 aniversario da súa morte. A Fundación Pondal desprazou á cidade herculina a case un cento de persoas, que participaron baixo a amiaza de chuvia no encontro anual de homenaxe diante do busto do poeta, que recibiu sepultura en San Amaro en 1917. O alcalde pontecesán, Lois García Carballido, e o concelleiro de Cultura coruñés, José Manuel Sande, presidiron o acto, que foi conducido por Tamara Lema, que representou a Rosalía de Castro. O grupo de música e baile tradicional Inllar tamén se sumou ao acontecemento, ao que puso fin o coro A Oliveira co himno galego. Entre o público tamén se atopaba o diputado Aurelio Núñez. 

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos
Comentarios

Ponteceso homenaxou a Pondal en A Coruña