«Se o outro morreu como Chanquete eu morrerei como Petróleo»

O intérprete repasa hoxe en Cee unha carreira marcada por papeis «chungos»


Acaba de rodar a película Que Dios nos perdone e de participar nun proxecto televisivo titulado Los hijos de Caín, dous traballos nos que Luis Zahera prosegue na liña dos papeis que inspiran Chungo, o espectáculo co que esta tarde visitará a Casa da Cultura de Cee (21.30 horas, 5 euros).

-¿Por que ese título?

-É Luis Zahera poñendo en ridículo a Luis Zahera. Contando desde como empecei en Luar a como acabei facendo de malo malísimo nas películas; de aí o título, sempre acabo facendo de tipo chungo.

-¿É certo que rirse de un mesmo é san?

-É, sobre todo, unha cousa doada, porque falas de ti mesmo. Ademais, é algo moi divertido de ver para o público.

-¿A xente na rúa sígueo chamando Petróleo?

-Si. Se o outro morreu como Chanquete eu morrerei como Petróleo, pero é algo que levo con orgullo. É algo que trunfou como a Coca Cola e iso está moi ben.

-Parece condenado a interpretar papeis moi parecidos.

-Non sei por que, pero si acabei do que os norteamericanos chaman un característico, facendo de duro, de malo, de terrible; pero non pasa nada, o problema non é facer de chungo sempre, o problema é non traballar.

-¿Parécese algo a ese perfil que tanto interpreta?

-Non, para nada, miña nai querida se imito algún das animaladas dos meus personaxes. Pero tenme pasado de ver que algún colle un pouco de medo porque si que teño cara de chungo.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

«Se o outro morreu como Chanquete eu morrerei como Petróleo»