-¿Confía na modificación?
-A ver... O primeiro é que se cumpra o que hai agora e que na modificación se inclúa o volume da recollida, que é importante en ausencia de cotas. Tamén é fundamental que exista un mediador independente para que no caso de que non chega a haber acordo se impoñan unhas condiciones transitorias. Tamén debe existir a posibilidade de solucionar os conflitos por medio dun arbitraxe para non esperar a unha resolución xudicial que tardaría e invalidaría o funcionamento dos contratos. Estas condicións non son nada do outro mundo e estanse a seguir en Francia desde hai uns anos.
-Sempre cargamos contra a industria.
-Habería que entenderse entre produtores, industria e distribución, pero a parte máis débil é produción. Precisamente a normativa de contratos o que trata é de equilibrar a negociación que poden ter as gandeiros e a industria a través das organizacións de produtores.