Na sesión falarán Ramón Villares e Xosé Luís Franco Grande

La Voz

CARBALLO

07 feb 2015 . Actualizado a las 05:00 h.

Son moitas as autoridades -ademais de varios representantes locais e comarcais- convidadas a participar no plenario extraordinario que a RAG celebrará hoxe (ás 12.30) no Couto, pero os académicos serán os protagonistas absolutos do acto central da xornada.

Ademais do propio Xesús Alonso Montero, que intervirá como presidente da RAG para mostrar a súa gratitude aos responsables de Fundación Pondal «como valedores do poeta», falará o historiador Ramón Villares Paz para situar do contexto no que se moveu a figura de Pondal. Tamén intervirá Xosé Luís Franco Grande, que ofrecerá a visión de Pondal desde os ollos doutro poeta.