A Fundación Eduardo Pondal entregou os Premios Bos e Xenerosos

CARBALLO

Ana Garcia

A sede da entidade, no Couto, acolleu esta tarde un emotivo acto no que Susana Seivane, Dolores Vilavedra, Felipe Senén Gómez e Roi Casal

27 nov 2014 . Actualizado a las 22:54 h.

A Fundación Eduardo Pondal vén de entregar hai uns intres, das seis da tarde en diante, os recoñecementos aos galardoados cos Premios Bos e Xenerosos. O músico Roi Casal, a gaiteira Susana Seivane, o museólogo Felipe Senén Gómez e a profesora de literatura Dolores Vilavedra recolleron o busto de Pondal nun emotivo acto no que, obviamente, non faltou a música da man de Casal e Seivane. Asistiron ao acto, entre outros, o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidente, Alfonso Rueda; a directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Blanca García Señoráns; o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García; o escritor Xosé Neira Vilas e, por suposto, representantes da fundación, encabezados polo presidente, José Luis Fondo. Tamén recibiu un agasallo o director do colexio Eduardo Pondal, José Venancio Ures.