Segundas edicións de Suso Lista e Ramón Vilar Landeira

La Voz

CARBALLO

21 oct 2014 . Actualizado a las 05:00 h.

As letras saídas da comarca e do seu imaxinario están vivas, gozan de boa saúde, medran. Hai uns meses, máis ou menos a cabalo entre maio e xuño, chegaba ás librarías o primeiro libro do cercedense Ramón Vilar Landeira, Os televisores estrábicos (Editorial Xerais). Pois ben, foi tan boa a acollida desta obra que xa a segunda edición anda na rúa dende a pasada semana. Practicamente coincidía no tempo a publicación de Salseiros, do cormelán Suso Lista, que tamén se estreaba en formato papel. Tamén el, neste caso coa Editorial Embora, vai xa pola segunda edición. De feito, presentouse a semana pasada, na FNAC coruñesa.