El pregón de Jorge Mira abrió de forma oficial las fiestas de A Barquiña

La Voz CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Ana Garcia

El físico baiés recordó el origen y las particularidades del festejo pontecesán

14 sep 2014 . Actualizado a las 21:50 h.

Aunque las fiestas de A Barquiña, de Ponteceso, comenzaron ya el viernes por la noche, el arranque oficial llegó hoy al mediodía con el pregón que pronunció el fisico baiés Jorge Mira.

Texto íntegro del pregón:

«Moi boas!

Hai dous meses na festa do percebe de Corme? e hoxe aquí. Claramente este concello mólame!

Seica un pregón son unhas palabras para animar aos veciños a participar na festa. Pero ben sei que aquí non hai que animar a ninguén a ir de parranda; máis ben ao contrario? «Ide pa? casa que xa desmontaron o palco».

O pregón tamén é para loubar á vila e aos seus veciños. Presumir de Ponteceso é fácil, salta á vista para calquera e está todo en Internet: berce de Pondal, o himno galego saiu de aquí, a fermosa paisaxe do Anllóns...

...Mesmo tedes cerca aos do Couto que son o foco cultural máis intenso de Galicia... por non falar daqueles sábados que vos converteron en templo da marcha nocturna.

Iso xa o sabedes todos os da zona; pero hoxe tedes festeiros, familiares e amigos que poden ser de lonxe, incluso turistas que veñen da cidade, e que igual están algo desorientados.

Por iso, a esa xente de fóra vou relatarlle algunhas particularidades desta festa, da comisión e tamén de Ponteceso, detalles que non veñen en Internet pero serven para valorar mellor esta vila.

Por exemplo, en Madrid o responsable das festas é un concejal de fiestas. Aquí non, organízaas un presidente. Presidente Adrián Pose e resto do equipo: saúdos.

[Moito se lle debe a esta xente que tan xenerosamente renuncia ao seu tempo en favor dos veciños.]

Ese presidente ten exército, cuxos soldados van armados con talóns de rifas para gasolina, un porco ou unha viaxe a Canarias. Danche o alto e ?«ei, ¿cántas queres?, ¿póñoche catro euros ou cinco?». Aquí, se non hai pasta non hai palco.

Igual eses de fóra teñen tamén algún tipo de confusión porque estes días estarán oíndo falar da Barca. Bueeeno, pois xa vos aviso que iso queda máis para abaixo, en Muxía.

Van alí os romeiros a darlle as grazas á Virxe ou pedirlle a súa intercesión para os asuntos da alma ou da saúde, e incluso algún lle irá a pedir traballo, agora que ten a casa en obras.

Non, festeiros, non: isto non é a Barca: é a Bar-qui-ña (la barquita). Ollo que o nome ten o seu debate, porque... a ver: chamada así sería lóxico que algún turista pensase que o santo de Ponteceso veu en barquiña (normal, polo río arriba non vai vir en barcaza), ou que en Ponteceso quedou a lancha auxiliar da Barca de Muxia.

Pois vai ser tamén que non, aínda que, mira ti por onde, algo de relación si que hai, porque esta é máis ben unha spin-off da outra [unha spin-off é unha iniciativa que sae como consecuencia doutra]. Disque antigamente os romeiros de Muxía, na súa viaxe de retorno, chegaban o luns a Ponteceso. E os de Ponteceso... montásteslles unha festa. Non me souberon explicar se foi para aproveitarvos dese aumento da cuota de mercado ou ben porque vos daban pena porque a Virxe da Barca aínda non tivera tempo de darlles o que pediran (xa se sabe que todo ten os seus prazos).

Que máis dá. O caso é que do detalle ese saíu unha festa para honrar aos homes e mulleres, sen máis: aproveitando que había mogollón, o mellor que podían facer os nativos do lugar era crear movida, e punto, que dese tema nesta terra si que saben.

Xa vedes, estes de Ponteceso... raros son: fan a Barquiña e non teñen barquiña, son as festas patronais e non son en honra do patrón.

Pero mira ti, unha festa na honra da xente que vai a ela, pois... queda bonito, ¿a que si? Se todo se fixese pensando nos que vivimos neste mundo, ao mellor ninguén tería que ir a pedirlle traballo á Virxe da Barca.

Raros os de Ponteceso, son, pero sonche boa xente, ho; non parece mala cousa isto de facer unha festa porque veñen festeiros e para pasalo ben, nada mais.

Por iso sempre me gustou vir a este lugar, unha vila que en épocas de poucas alegrías foi quen de facer unha festa na honra dos visitantes e forasteiros. Ou sexa: declarar festivos locais o luns e o martes despois da Barca de Muxía con toda a boa intención.

Lembrade: a festa é o momento de se relacionar co outro, só para pasalo ben e, para pasalo ben o único que fai falla é ter con quen.

Así que, a honrar aos vellos de Ponteceso que fixeron unha festa so para festeiros! Bailade e ride, comede e bebede, que o inverno que chega ás veces faise moi longo.

Viva a barquiña! Viva Ponteceso!

Non rompades nada!»