«Non teño moito concepto do que son as vacacións»

Manuel Rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

O artista é autor do texto da nova obra da compañía ceense Talía Teatro, que se presenta na casa o domingo ás 23 horas

08 ago 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Despois de actuar onte en Cee, Cándido Pazó volverá a estar presente na Semana das Artes Escénicas. Este domingo, como autor de Demolición, de Talía Teatro. -¿Quen foi Ramón Caamaño?

-Un dos moitísimos Caamaños que hai por aí, por esa banda. ¡Hai tantos! ¿Non será este que foi ministro?

-¿Verbena ou foliada?

-Eu son máis de foliada.

-¿A que dolmen lle chaman a catedral do megalítico?

-Dombate, digo eu. Teño unha anécdota, que cando me chamaron para facer unha contada na inauguración facía unha ventada, un nordés tan forte, que o alcalde me dixo que rematara en dez minutos ou se non acababamos todos enfermos.

-¿Cal é o último faro que se construíu en Galicia?

-¿O de Fisterra?

-¿Cal foi a última vez que puxo unha lavadora?

-Antonte.

-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?

-O cabo Vilán.

-¿Un defecto?

-A preguiza, disque é a nai de todos os vicios, así que teño fillos de todos.

-¿De que castelo foi dono Rui Soga Mariño de Lobeira?

-Do de Vimianzo.

-¿Que poeta andaluz lle dedicou un poema á Barca?

-Lorca.

-¿En que che gusta pasar o tempo das vacacións?

-Non teño moito concepto de vacacións, porque o mesturo co traballo. Pero gústame non ter nada específico que facer e andar pairando, que me leve o vento.

-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?

-103.

-¿Un soño por cumprir?

-Agora mesmo, soños pequenos. Que Memorias dun neno labrego se puidera facer por España adiante. Mira que se fixo polo estranxeiro, pero nada. Gustaríame porque sei que é un tema universal, e así como triunfou en Brasil ou Suíza, en Córdoba tamén gustaría.

-¿Onde está o pazo de Romelle?

-En Romelle de toda a vida.

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Depende do día.

-¿Onde naceu o almirante Mourelle?

-En Camariñas.

-¿Licor café ou caipirinha?

-Caipirinha.

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-En Fisterra, porque ten esa resonancia da fin da terra. Nunca fixen o Camiño, que vivo aquí en Santiago, pero sería máis mítico e máis de lenda. Non importa que non sexa o punto máis occidental, pero a sensación é esa. Entendo aos romanos perfectamente.