«O meu soño é cantar nunha paisaxe natural enorme»

manuel rial CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

MATALOBOS

A técnica de cultura de Cabana é unha das responsables do Castro Animado de Borneiro que se celebra esta tarde

27 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Cantante, teatreira, amante da poesía... Silvia Losada é técnica de cultura do Concello de Cabana e dirixe o Castro Animado.

-¿Por que actividade humanitaria destacou o Rubio de Camelle?

-É un percebeiro da Costa da Morte, ¿non?

-¿Verbena ou foliada?

-Foliada.

-¿Cal foi o primeiro faro electrificado de España?

-O de Cabo Vilán.

-¿Cando foi a última vez que puxo unha tixola ao lume?

-Onte fixen unhas patacas fritidas.

-¿Cal é o produto máis famoso do verxel de Bergantiños?

-A pataca. Aquí dáse ben todo.

-¿Un defecto?

- Enfádome moitísimo. Son moi repugnante.

-¿Cal é o punto máis occidental de Galicia?

-Cabo Fisterra.

-¿Que templo podería ter o tellado de ouro se quixera?

-O santuario da Virxe da Barca.

-¿Que libro está lendo agora?

-Estou lendo a John Keats. Sonetos, odas e outros poemas. Estou lendo varios, moita poesía. Son libros de referencia que leo sempre.

-¿Que dous lugares do Concello de Zas teñen nome de hortaliza?

- Nin idea, eu controlo Cabana, pero máis aló...

-¿Un soño por cumprir?

-Cantar nunha paisaxe enorme natural rodeada de verde, algo poético. Quizais cantar en Irlanda ou en Nova Iork. Pido demasiado.

-¿Onde morreu Fernando Blanco de Lema?

-En Venezuela.

-¿Cantos anos ten Avelina Mouzo, a avoa da Costa da Morte?

- Ten que ter moitos. ¿110?

-¿Praia téxtil ou nudista?

-Indiferente, dáme igual.

-¿Quen foi Evaristo Martelo?

-¿Foi alguén distinguido? ¿Era profesor?

-¿Churrascada ou sardiñada?

- As dúas xuntas.

-¿Que traxedia acabou con Man, o alemán de Camelle?

-Sei moi pouco da Costa da Morte... ¿Morreu porque os gobernantes o ignoraban?

-¿Mar ou río?

-Mar sen dúbida. Porque o mar é todo. A miña familia é de Lugo e doulle moita importancia á xente que lle gusta o río, pero... O mar relaxa, dá tranquilidade, dáme moitísimas cousas.

-¿Cómo se chama o bar de Carballo situado no edificio onde naceu Alfredo Brañas?

-O Mexillón.

-¿Onde prefire rematar o Camiño? ¿En Fisterra ou en Muxía?

-En Fisterra. Gústame moito ver o infinito. Sentir o mesmo que pensaba a xente que cría que alí acababa todo.

verano sin tregua