A entrega será este sábado en Muxía

La Voz

CARBALLO

16 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A súa estadía en Alemaña impedirá ao autor participar este sábado no acto de entrega do premio previsto en Muxía, pero os responsables da Fundación Gonzalo López Abente decidiron manter a convocatoria pola imposibilidade de atopar novas datas nas que poidan coincidir todos os convidados. O acto dará comezo ás 21.00 horas coa actuación do grupo de pandereteiras Abaladeiras. A continuación Xosé Luís Méndez Ferrín, integrante do padroado da fundación e que será presentado por X. H. Rivadulla Corcón, falará sobre a obra de López Abente. Despois procederase á entrega do premio, na que participará o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o alcalde de Muxía e presidente da fundación, Félix Porto; o director de Edicións Xerais de Galicia, Manuel Bragado, e as escritoras María Canosa e María Lado, integrantes do xurado desta edición. Ademais de ver o seu libro editado e de recibir un premio de 2.000 euros, o gañador recibirá unha escultura de Viki Rivadulla. A coral polifónica Virxe da Barca pechará a velada.