Unha viaxe pola comarca de aprendices de lingua galega

carballo / la voz

CARBALLO

Visita ao Museo da Pesca, en Fisterra, da man de Alexandre Nerium.
Visita ao Museo da Pesca, en Fisterra, da man de Alexandre Nerium.

15 jul 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Cincuenta alumnos do curso de galego para estranxeiros e españois de fóra de Galicia participaron o sábado nunha excursión pola Costa da Morte, organizada todos os veráns polo Instituto de Lingua Galega da Universidade de Santiago, en colaboración coa Xunta. Exerceu como director da visita Xosé Luís Regueira, catedrático de Filoloxía Galega, con quen colaborou Xosé María Lema, presidente do Semescom, ben coñecedor da comarca. Pararon en Muros, en Santa Comba de Carnota, no Ézaro, no Museo da Pesca de Fisterra -tamén no cabo, claro- e máis en Muxía. Pasaron ademais por Vimianzo, para achegarse logo ao dolmen de Dombate, así como ao castro de Borneiro, Ponteceso, Buño e, finalmente, Carballo. Foron 12 horas e 280 quilómetros.