«Para botar fogos hai que tratar con xente autorizada»

Cristina Viu Gomila
Cristina Viu CARBALLO / LA VOZ

CARBALLO

Nicolás Castro ten a fábrica en Sada.
Nicolás Castro ten a fábrica en Sada. césar quián< / span>

A nova norma para as pirotécnicas é moito máis esixente que as anteriores e aplícase desde o ano pasado en Carballo

27 jun 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Nicolás Castro Pérez (Paderne, 1958) é o xerente da Pirotecnia Rocha, que é a responsable desde hai sete anos do espectáculo das festas de San Xoán de Carballo. A aplicación da nova normativa cambiou bastantes cousas neste sector que empeza agora a súa época de máis traballo.

-¿En que consisten os cambios?

-Hai distintos tramos e para cada un hai unhas esixencias que van desde só a autorización por parte da Subdelegación do Goberno a realización dun plan de emerxencia para ese acto. Depende da cantidade de pólvora que se dispare.

-¿Canta pólvora botan nun espectáculo como o que haberá mañán no San Xoan de Carballo?

-Son máis de 200 quilos. Nós facemos un proxecto que ten unha memoria... O plan de emerxencia ten que facelo un técnico competente, que neste caso foi o xefe de Protección Civil.

-¿E nunha festa pequena?

-Depende do que disparen. En Carballo, por exemplo, lévase botar pólvora na procesión...

-Pero non houbo.

-Para botar fogos hai que tratar con xente autorizada. Se o fas así a pirotecnia xa che fai todo iso. Ao mellor como se facía en Carballo de botar os fuegos no medio do pobo xa non é viable porque o que máis marcan as normas son as distancias. O da procesión do Sacramento é unha cousa moi complicada que hai que estudar con tempo. Aí disparábase moito.

-¿Canto son menos de 10 quilos?

-Se o gasto é de 1.500 euros xa son os 10 quilos.

-¿Hai moito intrusismo?

-A iso non lle podo responder,

-¿Como se pode saber se unha pirotecnica está autorizada?

-Hai que pedir a póliza de responsabilidade civil. Ten que estar a nome da empresa.

-A seguridade será maior.

-Claro que si. Eu non digo que sexa intrusismo, son circuntancias da vida e a xente ten que seguir comendo e dedícanse a iso.

-Pero xogan con pólvora.

-Xa, pero mentres non pasa nada... Ainda que a nova lei de pirotécnia entrou en vigor o ano pasado, antes se facías un disparo de máis de 50 quilos tiñas que pedir permiso á Subdelegación do Goberno e antes de nós nunca se pediu en Carballo. Piden 6.000 ou 7.000 euros de fogos, vas, botas, cobras, vas para casa e non pasou nada. ¿E se pasa algo? A póliza non val para nada, no se fai responsable se non teño autorización e o follón no que se mete o que contrata, tamén.

-¿A nova norma fai as cousas máis complicadas para as empresas do sector?

-Da máis traballo porque o meu fillo non fai máis que facer papeis e papeis. Ao mellor con estas maiores esixencias vas apartando xente do mercado que non tiña porque estar e que fai moito dano. Ao mellor beneficia aos que estamos dentro da lei.

nicolás castr0 pérez pirotécnico