A arte, concentrada nunha exposición

La Voz

CARBALLO

11 may 2014 . Actualizado a las 14:54 h.

Neste primeiro día de Festiletras non faltará a creación artística, máis alá da música e a literatura, que xa o son. Así, durante a mañá de actos tamén se dará por inaugurada hoxe unha exposición, que vén da man da Asociación Artística Crea Formas. Nela están aglutinados algúns dos mellores artistas que hai pola comarca. A mostra reúne traballos de Lola Oviedo (gravadora e artesá), O?Mighelo (artista multidisciplinar), Emi de las Heras (artista plástica), Eva Facal (artista plástica), Mon Lendoiro (multidisciplinar tamén onde os haxa), Santi Picos (ilustrador), Cristina Castro (ilustradora), Milagros Cotelo (artista plástica), Diana Molina (artista plástica), Antonio Taracido (igual que as dúas precedentes e máis gravador), Antonio Reino (artista e decorador), Ana García (fotógrafa), Mónica Noya (fotógrafa), Isa Fernández (alfareira e ceramista), Pedro Tasende (arquitecto, deseñador e artista plástico), Tomás Lunas (ilustrador e artista), Adriana Díaz (tamén traballa a plasticidad), Jacobo Veiga (artista), Juan V. Casares (fotógrafo), Raúl González Herrera (artista e escultor), Santiago Castro (artista plástico) e Chiña Costa Valiño (ela tamén lle da a unha boa morea de disciplinas artística).

Inauguración

Hoxe pola mañá

Autores

Son 22 artistas locais procedentes de moi diferentes ámbitos: fotografía, pintura, gravado, cerámica, deseño, arquitectura...