Encontro escolar con Fina Casalderrey en Zas

La Voz

CARBALLO

Fina Casalderrey respondeu ás preguntas dos escolares.
Fina Casalderrey respondeu ás preguntas dos escolares.

09 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

A escritora, profesora e xornalista lucense Fina Casalderrey visitou onte pola tarde o colexio de Zas para participar nun encontro cos alumnos e celebrar así de xeito anticipado o Día das Letras Galegas. A autora, que xa estivera no centro anos atrás, animou aos rapaces a ler calquera libro que teñan ao seu alcance, respondeu ás súas preguntas e puido ver os traballos que estes fixeron despois de ler algunhas das súas obras.