O programa, ao detalle

La Voz

CARBALLO

08 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

DÍA 15

Correlingua. Os alumnos do IES Parga Pondal representarán a Carballo na carreira lúdico educativo que se celebrará na Coruña.

Teatro. Os alumnos da Escola Oficial de Idiomas representarán no Pazo da Cultura (20 horas) catro pequenas historias

DÍA 16

Festa da Lingua. Os Tres Trebóns e García Mc animarán a gala de entrega da décima edición do premio aos artigos xornalísticos normalizadores (Pazo da Cultura, 21 horas).

DÍA 17

As Letras en Voces. O xardín municipal acollerá a lectura colectiva do Día das Letras Galegas (de 11 a 13.30 horas). Inscrición aberta no Pazo da Cultura.

Certame infantil. A asociación Lumieira organiza na praza do Concello (11 horas) a trixésimo quinta edición do concurso infantil de pintura Luis Calvo.

Contacontos. Baobab Teatro levará as súas historias para toda a familia á ludoteca (12.00).

Concerto. A Banda Municipal de Música de Carballo ofrecerá na rúa Coruña o tradicional Concerto das Letras (13.30).

DÍA 18

Encontros Culturais Arume. A asociación Arume celebrará en Berdillo esta festa da música e o baile tradicional (17.30).

DÍA 22

Concerto didáctico. Actuación da sección sinfónica da Orquestra de Cámara do Conservatorio de Carballo (Pazo, 20.15).

Teatro. Os participantes na Aula de Teatro Municipal mostrarán no Pazo da Cultura (21 horas) as súas Pequenas escenas.

DÍA 24

Teatro. O grupo de teatro Vagalume representará Os cavernícolas e A lenda de Robin Hood (Pazo, 20.30, con invitación)

DÍA 25

Teatro. Nova cita cos actores de Vagalume, que poñerán en escena A bela non durminte e Os malandríns (Pazo, 19.00, con invitación).

DÍA 30

Teatro. A programación rematará coa agrupación teatral da Coral Ribeiras do Anllóns, que representarán A moa, Unha cousa pola outra e O testamento do tío Nacho (Pazo, 21, con invitación).