«O mundo da noite está moi queimado pola crise»

m. r. / Á. P. carballo / la voz< / span>

CARBALLO

Lili Carbajales Arcay.
Lili Carbajales Arcay.

07 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Lili Carbajales Arcay, responsable da cervexería Jofra de Malpica, é unha das promotoras da Festa do Viño que se celebrará na localidade o 17 de maio.

-¿Como se desenvolverá a xornada?

-Será nunha carpa que colocaremos na rúa, diante da Casa do Pescador. Organizámola os compañeiros de sete locais de Malpica -os da iniciativa D?Viños- e máis a asociación Malante. Os actos comezarán ás 12 do mediodía e durante todo o día con cada consumición daremos unha rifa para sortear viaxes ás bodegas Martín Códax, que colabora con nós xunto con Viños Tano e Bodegas Cune. Ademais venderemos racións de pulpo e mexillóns e daremos moitísimos pinchos, que é do que se trata precisamente a ruta D?Viños de Malpica.

-¿Como foi acollida esa ruta?

-Bastante ben. O mundo da noite está moi queimado pola crise, así que nós quixemos darlle un aliciente á xente e ofrecerlle pinchos coas súas consumicións. Ademais, cada mes facemos sorteos e regalamos camisetas

-¿Hai que saber de viños para participar na festa do 17?

-Non, para nada. Non se trata dunha cata, senón de algo para todo o mundo, dunha festa. Ademais, ese día celebrase en Malpica un campionato de Long Board e haberá concertos na praia a partir das once da noite, así que a festa será desde as doce do mediodía ata as nove ou dez da noite. Remataremos cunha queimada e sorteos.