«Separemos ben, reciclaremos mellor» viaxa agora pola provincia ourensá

La Voz

CARBALLO

03 may 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Chandrexa de Queixa, San Cristovo de Cea, A Gudiña, Montederramo, Xunqueira de Espadañedo, Amoeiro, Rubiá, Manzaneda e Rairiz de Veiga son os concellos ourensáns que recibirán a visita da aula móbil de Sogama «Separemos ben, reciclaremos mellor». A campaña informa aos veciños sobre a mellor forma de xestionar os residuos urbanos: reducindo a súa produción, alongando a vida útil dos produtos e separando os desperdicios por fraccións para facilitar o seu posterior reciclado. Varios educadores medioambientais son os encargados de inculcar os valores ecolóxicos, que teñen unha importancia especial nos pequenos. Por iso, os escolares terán un xogo xigante da reciclaxe, instrumento pedagóxico co que poderán mellorar os seus coñecementos, pero tamén divertirse.