O músico Nacho Mora inclúe no seu novo disco un poema de Miro Villar


Os versos do poeta ceense Miro Villar seguen traspasando fronteiras. A última, a da música, posto que un dos seus poemas foi tomado polo artista coruñés afincado en Madrid Nacho Mora para formar parte da súa nova aventura discográfica, na que o seu talento compositor ponse ao servizo das verbas de diversos creadores galegos.

Mora, ex integrante de grupos como Elephant Band, Los Covers ou MEU, elexiu os versos do soneto Foi nas illas Lobeiras... -incluido no poemario de Villar Ausencias pretéritas- non só para compartir espazo con poemas de Eduardo Pondal, Celso Emilio Ferreiro ou Uxío Novoneyra, senón tamén como carta de presentación do disco, que o autor espera financiar a través do micromecenazgo.

Entre as zocas e os lóstregos é o título desta creación na que Mora leva traballando cinco anos e para o que dispuxo da colaboración dos músicos Luis Rodríguez, Abraham Boba, Manuel Molina e Xel Pereda, este último facendo tamén o labor de produtor.

Mora está a promover o proxecto a través da web www.mymajorcompany.es e o seu obxectivo é reunir os 4.000 euros necesarios para pagar os gastos do estudio e a edición de 300 copias en vinilo e 500 cedés. Ata o momento leva xuntados 268 euros.

Premios dos editores

Ademais de por esta incursión musical, Miro Villar é noticia estes días pola súa inclusión na lista de autores nominados aos premios da Asociación Galega de Editores. O ceense opta ao galardón Neira Vilas ao libro infantil e xuvenil do 2013 pola A pantasma da casa da Matanza, editado por Biblos e ilustrado por Xosé Cobas.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
0 votos

O músico Nacho Mora inclúe no seu novo disco un poema de Miro Villar