Lumieira dedica unha xornada á cultura local e a Rosalía

<"> la voz < span>

A recuperación da cultura local e familiar e a obra e o papel didáctico da figura de Rosalía son os dous eixos das actividades programadas para a tarde do mércores en Carballo pola asociación cultural Lumieira.

Os actos, que se desenvolverán no Pazo da Cultura, darán comezo ás 17.00 horas cunha charla na que a profesora, investigadora e consultora brasileira Tânia Braga falará da cultura local, dos arquivos familiares e da produción de materiais didácticos poñendo como exemplo o traballo do proxecto internacional Recriando historias.

A continuación (19.30 horas), farase unha presentación do monográfico que a asociación Nova Escola Galega lle dedicou a Rosalía de Castro a través da súa Revista Galega de Educación. Neste caso, os participantes serán Mercedes Queixas, coordinadora dese volume; Suso Rodríguez, director da publicación, e Rosalía Fernández Rial, autora dalgúns dos seus contidos e presidenta de Lumieira.

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
1 votos

Lumieira dedica unha xornada á cultura local e a Rosalía