A obra gañadora do primeiro premio López Abente xa está nas librarías

carballo / la voz < / span>

CARBALLO

05 ene 2014 . Actualizado a las 07:00 h.

Dos tempos sombrizos, a obra coa que o escritor e xornalista Daniel Salgado (Monterroso, 1981) gañou a primeira edición do premio de poesía convocado pola Fundación Gonzalo López Abente, de Muxía, e Xerais xa está nas librerías.

A editorial publicou o volume (72 páxinas, 12,5 euros) hai poucas semanas e explica na súa sinopse que se trata dun conxunto de versos que falan do medo e dunha lingua acosada, pero que tratan tamén de plantar cara ao «cinismo como ética xeral da época».