Carballo presume no Culturgal de arte e poesía


O Concello de Carballo fixo sentir onte a súa presenza na feira das industrias culturais Culturgal, que se celebrará durante toda a fin de semana en Pontevedra. Ademais de montar un posto propio para promocionar os seus atractivos culturais, deportivos e paisaxísticos, os representantes da capital bergantiñá fixeron unha pequena demostración do labor dos creadores carballeses a través dun orixinal recital poético artístico. Os pintores e ilustradores Mon Lendoiro e María José Costa Valiño, Chiña, acompañaron coas súas creacións en vivo os versos da escritora Rosalía Fernández Rial. foto ramón leiro

Conoce toda nuestra oferta de newsletters

Hemos creado para ti una selección de contenidos para que los recibas cómodamente en tu correo electrónico. Descubre nuestro nuevo servicio.

Votación
2 votos

Carballo presume no Culturgal de arte e poesía