Ponteceso fixo xustiza de novo cos bos e xenerosos

Angel Palmou CARBALLO

CARBALLO

...
... José Manuel Casal

Mercedes Peón, Xosé Vizoso e Víctor Freixanes foron homenaxeados pola Fundación Pondal trala charla de Xosé Neira Vilas

26 nov 2013 . Actualizado a las 22:09 h.

A erudita intervención de Xosé Neira Vilas falando das orixes do Himno galego e da súa estrea na Habana abríu esta tarde no Couto unha emotiva xornada na que a Fundación Eduardo Pondal fixo entrega de tres novos galardóns aos bos e xenerosos. Mercedes Peón, Xosé Vizoso e Víctor Freixanes foron os homenaxeados este ano e os tres tiveron verbas de agradecemento para a entidade pontecesá e tamén de loubanza para o traballo de cultura de base que desenvolve. Os premios, os bustos pondalianos deseñados por Iria Rodríguez, foron entregados por Neira Vilas, José Luis Fondo e Valentín García. Ao numeroso público presente no recinto sumáronse no último intre un grupo de opositores ao proxecto mineiro de Corcoesto.